A música e a danza é algo que, queiramos ou non, todos levamos no sangue. Marcamos ritmos cos pés, coas mans ou pensamos nalgunha melodía incoscientemnte da que posiblemente nin nos lembremos do seu nome. A cuestión é que, ao final, sempre imos estar rodeados dela, ben sexa pop, rock, metal ou tradicional. Para a nosa sorte, hoxe en día podemos contar con unha gran diversidade de música e tipos de danzas dependendo do lugar onde nos atopemos.
En Galicia, a orixe desta arte remóntase na antigüidade e a muiñeira é o máis representativo dela. Trátase dunha danza nativa do lugar inda que hai variantes en Asturias e tamén en territorios de Castela e León pretos de Galicia. Pénsase que se orixinou no século XV e, "muiñeira" provén da palabra muíño, o que explica o nome que recibe este tipo de baile xa que era frecuente bailala preto dos muíños mentres se agardaba pola moída do millo. Báilase ao compás de seis por oito e consta polo menos de dúas partes, aínda que poden ser máis e, a máis coñecida ata o omento é a Muiñeira de Chantada. Hai moitas variantes e, dependendo de cómo se baile, podemos distinguir entra Ribeirana, a Carballesa ou a Chouteira.
Tamén hai outras como a xota, que dependendo do lugar no que preguntemos vaise chamar "Vira", "Pateado" ou "Maneo" e as danzas de Damas e galáns en Cangas, que son as mais singulares e antigas de Galicia, cuxa orixe remóntase aos séculos XVI e XVII nas parroquias do municipio de Cangas. Hai varios tipos: a Danza de San Sebastián de Aldán, a Danza de San Roque ou a Danza de Damas e Galáns de Darbo entre outras e, cada unha ten as súas características e vestimenta propias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario